Perdoádeme
2021 Oct 16
Poema Escrito por
Perdoádeme
por non ter unha coraza de ferro,
perdoádeme tamén
por non ter ás pra volar ao ceo
porque o sol derrite a escasa cera q m queda.
Mamá, perdóame,
por abrazarte só cando m abraza a escuridade.
Pídovos perdón de corazón
por perder as miñas batallas
e rendirme nas nosas,
da que xa so quedan anacos de cristal.
Sei que non o merezo
ou creo non merecelo
pero perdoademe a min,
perdoade á miña persona non á miña conciencia
a esa nena que fica mirando o mar,
que ama as azucenas
que vive nun frío inverno
do cal tenta ser o lume q quenta as casas,
que deixa soñar á súa alma co vento
pero que non logrou aprender a usar
as súas brancas ás.
perdoádea pois non sabe
o dano que se está facendo.
2021 Oct 16
manyulita
Desde 2020 Oct 04
Conoce más del autor de "Perdoádeme"