A mar

2020 Oct 06
Poema Escrito por
manyulita

estando na beira
preguntéille á mar
ónde quedara o vento.
a mar ficou mirando ao ceo,
con ollos tristes d cal e d sal,
chorando por un amor pasado.
xa non tiña as fortes olas
q asustaban ás nenas
cando brincaban da man da inocencia,
tampouco mantiña a sua cor

q incitaba a mirala
ou a soñar enriba da inmensidade
nin o seu perfume
q perduraba por xornadas enteiras
no máis fondo do corazón.
a mar estaba triste,
xa non tiña a quen amar,
o seu vento queridiño desaparecera
e quedou soa,
soa consigo mesma,
mentres a lúa mirabaa con cara d pena.
tentei ensinarlle o bonita que era
a súa beleza q m deixara enganchada,
pero a mar só tiña ollos pra chorar.
non coñecía máis mundo ca o vento,
máis calor ca súa mirada,
e non quería verse sen él.
a mar era inconsolábel
agora era toda bágoas
e afogouse nela mesma
por ficar mirando ao ceo, esperando a alguén
q nunca chega.

2020 Oct 06

manyulita
Desde 2020 Oct 04

Conoce más del autor de "A mar"